13/10/13

PRIMEIRO TRIMESTRE (2013-2014)

1º TRIMESTRE:

Éstas son as actividades que levamos a cabo ata Nadal:

-selección de alumnos-colaboradores para este curso.
-elaboración de credenciais dos novos colaboradores.
-formación de colaboradores.
-introdución en Meiga dos novos lectores e elaboración e entrega de carnés a estes alumnos.
-formación de usuarios para os alumnos de 1º de ESO
-creación dunha páxina para aloxar enlaces interesantes para a educación documental, e enlace no sidebar da dereita no blog.
-recollida das solicitudes de fondos dos departamentos, con preferencia das lecturas obrigatorias, da Hora de Ler e do PAC ("Os xogos populares"). Peticións ás librerías.
-entrega das mochilas viaxeiras na ESO.
-propaganda polas aulas, taboleiros e blogs e posta en marcha do club de lectura, cunha sección de 1º- 2ºe 3º ESO e outra de 4º ESO e 1º Bach.
-Organización da sección 0-XERALIDADES, revisando rexistros, catalogacións e etiquetas, e poñendo en orde os andéis.
-Revisión e actualización das listas de lectores en Meiga.
-SEMANA DE PORTAS ABERTAS (do 1 ao 5 de outubro): exposición de novidades e regalo de marcapáxinas.
-DÍA DAS BIBLIOTECAS--------24 de outubro: o liberespazo
   .-campaña “a biblioteca é de todos e para todos"
     .exposición dun cartel coas obras máis votadas polos libernautas no LIBERESPAZO.
     .exposición do cartel de Bibliotecas Escolares deste ano.
     .exposición de fragmentos de textos escollidos para fomento de lectura
     .exposición na columna de novidades das obras que conteñen ditos textos.
     .regalar cos préstamos unha mochiliña e un marcapáxinas
     . poñer nos recreos o PP sobre bibliotecas (ver en descargas)
-colaboración na CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.....30 de outubro.
-elaboración dun PREZZI co proxecto definitivo do PAC para presentar á CCP e ao claustro.
-presentación do PAL á CCP e votación no claustro
-preparación da HORA DE LER cos departamentos: entrega nas avaliacións iniciais dos horarios para que se anoten, subida a google drive dos horarios para compartir con todo o profesorado.
-rexistro e catalogación (novidades, P. das Pontes, lecturas obrigatorias dos departamentos, obras do club de lectura)
-expurgo mensual daqueles documentos que xa non son útiles para a biblioteca escolar e que se poñen a disposición de toda a comunidade educativa. A primeira semana de cada mes expóñese na sala de profesores con cartel informativo.
-homenaxe na última semana de decembro - RAFAEL DIESTE
1- Presentación preparada polo equipo da biblioteca sobre a vida e a obra de Dieste (ca. 10 minutos)
2- Lectura en directo por parte dos alumnos dun conto deste autor (ca. 7 minutos)
3- Audición doutro conto gravado previamente a alumnos (ca. 7 minutos)
4- Realización duns exercicios interactivos para comprobar o grado de atención e asimilación de todo o escoitado (ca.10-15 minutos).
-entradas no blog co vídeo, o xogo e o horario
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/12/homenaxe-rafael-dieste-o-video-e-o.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/12/homenaxe-rafael-dieste.html