17/12/08

Proxecto de hábito lector

Neste mes de novembro empezou no noso centro un proxecto de hábito lector cun obxectivo fundamental: fomentar o hábito lector dos alumnos mediante a lectura individual e silenciosa. Esta actividade de periodicidade semanal, estase a desenvolver na biblioteca nas horas de atención educativa, e consiste na lectura de textos literarios, informativos, xornalísticos, comics, etc., en soporte impreso ou electrónico, elixidos pola biblioteca en colaboración con todos os departamentos. Este primeiro ano a actividade vai dirixida aos alumnos de 1º da ESO.

30/11/08

15 días de terror

Durante o mes de novembro a biblioteca dedica quince días á literatura de terror. Con este motivo estamos a realizar unha serie de actividades: exposición de obras da literatura universal sobre este tema, lecturas de textos por parte dos alumnos en diferentes materias e proxección dunha película de terror; como práctica final haberá un obradoiro de escritura no que os alumnos escribirán un relato de terror, dos que seleccionaremos os mellores que quedarán expostos na biblioteca e no blog. Serán quince días de medo, pois pola biblioteca deambularán Drácula, vampiros, o Dr Jekyll e Mr Hyde, bruxas, demos e trasnos e, mesmo, vampiratas.