1/5/13

ACTIVIDADES 3º trimestre

  • -Liberespazo, actividade para o Día do Libro
Escoulleuse un grupo de cada curso e encheron na hora de titoría a folla para ser libernautas. Elaboramos un panel cos libros máis votados que expusemos na entrada da biblioteca, e sorteamos un regalo entre os alumnos participantes.
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/03/o-liberespazo.HTML
  • SEMANA CULTURAL "O PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL GALEGO"
(28 de abril a 3 de maio)
 

http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/horario-da-semana-cultural.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/semana-cultural-2013-o-noso-patrimonio.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/patrimonio-galego-i.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/patrimonio-galego-ii.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/arte-romanica-galega.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/camino-de-santiago.html
ACTIVIDADES DA SEMANA CULTURAL 

O horario das actividades figura no taboleiro da sala de profesores e na tele do patio central, coas explicacións necesarias para entendelo.

1-Actividades no patio central nos recreos:
-actuación dun gaiteiro e un acordeonista (luns 10.10/10.30)
-escenificación do enfrontamento de Heracles e Xerión (martes de 10.10/10.30)
-xogo de preguntas sobre “patrimonio galego” (martes, xoves e venres 12.10/12.30)
No xogo participarán só os alumnos de 2º de ESO que xa asistiron esta semana á proxección das presentacións, paso necesario para poder xogar.

-actuación dun grupo de baile galego (venres de 10.10/10.30)
 
2-Actividades no salón de actos:
-conferencia sobre “o contorno da Torre de Hércules” a cargo do profesor J.M. Bértolo Ballesteros (tivo lugar o 12 de abril como paso previo á visita que fixemos á Torre o 16 de abril)
-actuación do coro “Saúde” (martes de 17.30 a 18.10)
-proxección da película “The way” (venres de 12.30 a 14.10)

3-Actividades na biblioteca:
                As actividades na biblioteca serán obxecto de varios pases ao longo da semana (cf. horario no taboleiro da sala de profesores e da biblioteca) para que poidan asistir o maior número de clases. Para asistir hai que anotarse no horario adxunto, colocado debaixo do xeral no taboleiro, tendo en conta que non entran máis de 45 alumnos por sesión.
                -proxección dunha presentación en Movie-Maker sobre o patrimonio prerromano e romano de Galicia [MM1] elaborada a partir do traballo levado a cabo cos alumnos polos departamentos de historia, galego, grego, tecnoloxía e matemáticas.
                -proxección dunha presentación en Movie-Maker sobre o patrimonio medieval e posterior [MM2] elaborada a partir do traballo levado a cabo cos alumnos polos departamentos de debuxo, música, latín, relixión, galego, inglés e francés.
                -proxección de “Teledieste low cost”, programa gravado na biblioteca sobre as murallas de Lugo, con vídeos dos alumnos de 4º de ESO informando en directo desde la muralla.
                -actuación musical dun grupo de alumnos con diversos instrumentos musicais
                -lectura de lendas tradicionais galegas a cargo dos alumnos de 2º de ESO
                -repetición do enfrontamento de Heracles e Xerión
No patio central haberá
-diversas exposicións sobre aspectos do patrimonio cultural e natural de Galicia.
-exposición de fotos para un concurso
-exposición de fotos das tres excursións realizadas
-exposición de maquetas de pontes
-exposición dunha maqueta da Torre de Hércules
Na biblioteca haberá:
-exposición de cerámica popular galega
-exposición dun traxe rexional
-exposición bibliográfica

-SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (do 13 ao 17 de maio)
.Traballar nas aulas a figura de Roberto Vidal Bolaño, tomando como base os enlaces publicados no blog.
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/letras-galegas-2013-roberto-vidal-bolano.HTML
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/letras-galegas-2013-roberto-vidal-bolano_17.HTML
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/cuestionario-letras-galegas.html
.Ver nas titorías desta semana as presentacións preparadas coas recitacións realizadas de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro.
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/celso-emilio-no-dia-das-letras-galegas.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/rosalia-no-dia-das-letras-galegas.html
.Entrega dos premios aos gañadores no xogo do Patrimonio da Semana Cultural
-QUINCENA DOS MITOS (do 21 ao 31 de maio)