13/5/15

ACTIVIDADES CURSO (2014-2015)

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN:


-reorganización final e limpeza dos andeis das enciclopedias (foto)
-creación dentro da sección xuvenil dun andel de libros informativos, delimitado por unha cinta azul. Revisión dos rexistros, catalogacións e etiquetas,

distribuíndoos por xéneros e poñendo en orde os andeis. Elaboración dun listado para entregar aos departamentos e difundir en google drive e no blog. Arreglo dos deteriorados en colaboración co departamento de Tecnoloxía (foto).
-renovación da decoración dos andeis da sección xuvenil, delimitando mediante cores diferentes o apartado de libros en galego e en castelán, así como o de libros informativos.
-creación dun espazo permanente dedicado aos escritores que visitan o noso centro, consistente nunha vitrina onde expoñer as fotos e os libros asinados por eles. Esta foi unha iniciativa xurdida ao longo deste curso moi ben acollida por todos, mesmo polos autores, que quedaron gratamente sorprendidos. 
-revisión dos fondos do departamento de Grego.
-rexistro de dúas caixas procedentes do Paseo das Pontes.
-expurgo final de curso: totum revolutum
-pintura dunha parede para delimitar a zona do servizo de préstamo e a de ordenadores.
-borrador co diseño dun novo cartel explicativo do apartado 8 da CDU, correspondente a Lingua e Literatura. O proxecto é cambiar toda a rotulación dos andeis para facelos máis visibles e adaptados aos cambios dos últimos anos.


ACTIVIDADES:
  1. Con motivo do día das bibliotecas escolares preparamos unha exposición co tema deste ano “as matemáticas e a biblioteca” da que vos deixo este enlace:
Son dez paneis, dous cadernos, un montón de chistes matemáticos e unha selección de textos matemáticos da biblioteca. Está preparada a partir dunha exposición da UAM (Universidade Autónoma de Madrid) e carteis propios elaborados polo equipo con imaxes dalguns dos matemáticos máis importantes, alguns pensamentos significativos sobre esta ciencia, opinions de artistas e filósofos e tamén moitas viñetas de humor que dispuxemos estratéxicamente nos andéis para sorprender ao alumnado. Con parte desta información elaboramos uns cadernos con portadas atractivas para que poidan levarse ás aulas. Con esta exposición pretendemos que alumnado e profesorado teñan a posibilidade de usar unha ou dúas sesións de clase para ver esta ciencia dunha forma menos académica, máis visual e que observen desde distintos planos ou perspectivas a álxebra, a xeometría e as matemáticas aplicadas. Buscamos tamén incorporar visions das matemáticas desde outras disciplinas como a filosofía e a arte, sen deixar de lado o humor, tendo en conta que é unha materia que frecuentemente se atraganta ao alumnado. Estará exposta todo o mes de novembro no noso centro. A partir do 1 de decembro poñémola a disposición dos centros que a queiran en préstamo. 
      2. Semana de Castelao (do 15 ao 19 de decembro): 
-anuncio da semana
-presentación elaborada pola biblioteca con gravacións de alumnado e textos e debuxos de Castelao:
-pasapalabra sobre Castelao.
  
     3. Semana da Paz (30 de xaneiro):
-cancións e textos para a paz
-enquisa para elixir a frase de paz que nos represente no blog:
"A paz non é só a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión difícilmente poderemos acadar un mundo de paz"
RIGOBERTA MENCHÚ

    4. Semana do Amor (14 de febreiro):
-cancións e textos de amor
-concurso de tuits e whatsapps de amor

    5. Semana Cultural (27 a 30 de abril)
-proxecto inicial
-horario das actividades
-cartel da semana cultural
-slide coas co programa de actividades
-vídeos con curiosidades
-presentacións "Historia da escritura I e II"
-presentacións fotográficas das actividades desenvolvidas:
  presentación I, presentación II   

   6. Letras Galegas (17 de maio):

-concurso de tradución ao galego en colaboración co departamento de Normalización Lingüística