31/1/17

ACTIVIDADES CURSO 2016-2017


PRIMEIRO TRIMESTRE

1. Reorganización do equipo de biblioteca: 
    1.1 Profesores: 
        1.1.1 Tres novas incorporacións (unha por xubilación).
        1.1.2 Cambio de coordinador.
    1.2 Alumnos colaboradores:
        1.1.1 Siete veteranos: Guillermo, Miguel, Naila, Mateo, Chenoa, Olga
        1.1.2 Novatos: Ana, Víctor, ..............................
2. Actualización da xestión
    2.1 Espazo físico
        2.1.1 Renovación de cadeiras da zona de lectura relaxada.
        2.1.2 Ampliación de andeis para a zona xuvenil.
    2.2 Documentos
        2.2.1 Actualizadas as follas de uso de ordenadores .
        2.2.2 Plantilla nova para o profesorado na hora de ler.
        2.2.3 Plantilla de reserva de actividade de aula na biblioteca.
    2.3 Fondos
        2.3.1 Solicitude de novos fondos para departamentos.
        2.3.2 Rexistro e catalogación dos fondos adquiridos ao longo do trimestre.
3. Información aos usuarios
    3.1 Circular de principio de curso aos profesores.
    3.2 Circular de principio de curso ao alumnado colaborador.
    3.3 Publicación no blog de todas as novidades e os proxectos e actividades desenvolvidos.
4. Carnés de biblioteca
    4.1 Impresión de carnés ao alumnado novo que se incorpora neste curso.
5. Actividades
    5.1 Actividades de dinamización
         5.1.1 Outubro: 
                  -Mes das bibliotecas. Lema: Biblioteca escolar. Territorio das artes (adxuntar fotos). Exposición na columna
                  -Enquisa "Axúdanos a crear o top 10 das artes" (google drive) en colaboración cos titores.
                  -Mochilas viaxeiras. Selección de material e posta en marcha en colaboración cos titores: 4 mochilas en 1º, 4 en 2º, 2 en 3º. En total 10 mochilas
                  -Hora de ler: organización, selección de lecturas e posta en marcha. 
         5.1.2 Novembro: O Samaín. Exposición de libros, películas... ; cuentacuentos (en galego e en inglés). En colaboración coa vicedirección e dinamización. 
                  Exposición sobre a prehistoria a cargo do alumnado de 1º de ESO.
         5.1.3.Fomento de lectura universal en galego
         5.1.4 Decembro: Mes de Agustín Fdez Paz.
                  cartel
                    presentación, pasapalabre e acto na biblioteca
                 Elaboración e distribución da Guía de Nadal.
                 Presentación do tema da VIII Semana Cultural, distribuído por departamentos e                 grupos.

  5.2 Actividades de formación
       5.2.1 Formación de novos usuarios en colaboración cos titores e entrega de carnés. 

1/10/15

ACTIVIDADES CURSO 2015-2016

PRIMEIRO TRIMESTRE

1.Solicitude fondos
  • Lecturas obrigatorias dos departamentos:
GALEGO
Manuel María: A tribo ten catro ríos. Fundación Manuel María [+10]
Manuel María: Cando o mar foi polo río. Fundación Manuel María [+10] 
Ledicia Castro: Unha estrela no vento. Ed. Xerais [+7] 

FRANCÉS
Le cadeau surprise [11 ex.]
Vacances en Ardeche [11 ex.]

FILOSOFÍA
Filosofía básica.Nigel Warburton. Ed Cátedra 

L. ESPAÑOLA
LALANA, Fernando. Nunca más. Barcelona: Bambú editorial. [+9]

GARCÍA LORCA, Federico. La casa de Bernarda Alba. Madrid: Cátedra, “Letras Hispánicas”, nº 43. /
Madrid: Alianza Editorial, “Biblioteca García Lorca”. / Barcelona: Espasa. [+2]

ANÓNIMO. Lazarillo de Tormes. Madrid: Cátedra, “Letras Hispánicas”, nº 44. / Madrid: Anaya, “Biblioteca Didáctica”. [+2]  
  • Fondos para a biblioteca
Astérix, El papiro del César 
Mortadelo, Elecciones

 2.Nomeamento alumnado colaborador

Miguel, Guillermo, Olga, Gabriela, Chenoa, Nerea, Naila, Pablo, Almudena, David, Manuel, Tania Rivadulla, Tania Pena, Daniel, Mar, Xavier.

 3.Elaboración carnés alumnado novo no centro

 4.Rexistro fondos novos e antigos

 5.Organización andel "libros informativos"

 6.Distribución da HORA DE LER para a avaliación inicial

 7.Organización mes das Bibes
      .exposición carteis
      .regalo marcapáxinas
      .ficha técnica dun libro recomendado (colaboran os titores)

8.MOCHILAS VIAXEIRAS

9.Elaboración e defensa nas VI Xornadas das Bibes Galegas da ponencia "abrindo espazos, sumando vontades"


10.Elaboración e distribución da Guía de Nadal


11.Presentación do tema da VII Semana Cultural, distribuído por departamentos e grupos.


12.Acto en homenaxe a LUÍSA VILLALTA



SEGUNDO TRIMESTRE

1.Solicitude fondos:
  • Adquisición de DVDs:
2.MOCHILAS VIAXEIRAS

3.Organización andel "libros informativos" e "banda deseñada"


4.Commemoración do DÍA DA PAZ


-Concurso “Frases sobre a paz” nas titorías e exposición na entrada da biblioteca coa finalidade de elixir entre todos a mellor frase sobre a paz.
-Concurso "Os Premios Nobel da Paz": en cada un dos recreos da semana da Paz púxose na biblioteca a imaxe dun dos Premios Nobel da Paz para que o alumnado participase enchendo unha folla cos seguintes datos: nome do personaxe, ano de nacemento e morte, actividade principal do personaxe.
-textos para a Paz para ler nas aulas(o mesmo do curso pasado)

5.Commemoración do DÍA DO AMOR 

-concurso de tuits e/ou whatsapps de amor, na mesma liña que fixemos o curso pasado, engadindo o tema do desamor; exposición cos traballos entregados no pasillo diante da biblioteca. 

6.Actualización dos listados de DVDs

7.Rexistro e catalogación de fondos do IES Paseo das Pontes

8. Difusión e organización do proxecto da SEMANA CULTURAL
Este é o prezzi 

9. Preparación do proxecto de homenaxe a Luísa Villata no salón de actos: participarán varios personaxes da cultura galega e, sobre todo, o alumnado.

TERCEIRO TRIMESTRE

1.Solicitude fondos:  Lecturas obrigatorias, DVDs (10) e Banda deseñada

2.Rexistro e catalogación de fondos do IES Paseo das Pontes

3.Organización e reubicación andel "libros informativos" (acabar)


4.Organización andel "banda deseñada" (comezar)


5.Organización do andel "Literatura española".


6.MOCHILAS VIAXEIRAS


7.Creación dun andel para os fondos do club de lectura


8.Participación nunha charla no IES Eusebio da Garda


9. Organización dos actos e desenvolvemento da SEMANA CULTURAL












10.ACTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

11.Preparación das liñas prioritarias para o curso que vén

12.Elaboración da memoria da biblioteca do curso 2015-2016

13.Actualización dos listados de DVDs e libros informativos

14.Elaboración e distribución da Guía de Verán

13/5/15

ACTIVIDADES CURSO (2014-2015)

ORGANIZACIÓN E XESTIÓN:


-reorganización final e limpeza dos andeis das enciclopedias (foto)
-creación dentro da sección xuvenil dun andel de libros informativos, delimitado por unha cinta azul. Revisión dos rexistros, catalogacións e etiquetas,

distribuíndoos por xéneros e poñendo en orde os andeis. Elaboración dun listado para entregar aos departamentos e difundir en google drive e no blog. Arreglo dos deteriorados en colaboración co departamento de Tecnoloxía (foto).
-renovación da decoración dos andeis da sección xuvenil, delimitando mediante cores diferentes o apartado de libros en galego e en castelán, así como o de libros informativos.
-creación dun espazo permanente dedicado aos escritores que visitan o noso centro, consistente nunha vitrina onde expoñer as fotos e os libros asinados por eles. Esta foi unha iniciativa xurdida ao longo deste curso moi ben acollida por todos, mesmo polos autores, que quedaron gratamente sorprendidos. 
-revisión dos fondos do departamento de Grego.
-rexistro de dúas caixas procedentes do Paseo das Pontes.
-expurgo final de curso: totum revolutum
-pintura dunha parede para delimitar a zona do servizo de préstamo e a de ordenadores.
-borrador co diseño dun novo cartel explicativo do apartado 8 da CDU, correspondente a Lingua e Literatura. O proxecto é cambiar toda a rotulación dos andeis para facelos máis visibles e adaptados aos cambios dos últimos anos.


ACTIVIDADES:
  1. Con motivo do día das bibliotecas escolares preparamos unha exposición co tema deste ano “as matemáticas e a biblioteca” da que vos deixo este enlace:
Son dez paneis, dous cadernos, un montón de chistes matemáticos e unha selección de textos matemáticos da biblioteca. Está preparada a partir dunha exposición da UAM (Universidade Autónoma de Madrid) e carteis propios elaborados polo equipo con imaxes dalguns dos matemáticos máis importantes, alguns pensamentos significativos sobre esta ciencia, opinions de artistas e filósofos e tamén moitas viñetas de humor que dispuxemos estratéxicamente nos andéis para sorprender ao alumnado. Con parte desta información elaboramos uns cadernos con portadas atractivas para que poidan levarse ás aulas. Con esta exposición pretendemos que alumnado e profesorado teñan a posibilidade de usar unha ou dúas sesións de clase para ver esta ciencia dunha forma menos académica, máis visual e que observen desde distintos planos ou perspectivas a álxebra, a xeometría e as matemáticas aplicadas. Buscamos tamén incorporar visions das matemáticas desde outras disciplinas como a filosofía e a arte, sen deixar de lado o humor, tendo en conta que é unha materia que frecuentemente se atraganta ao alumnado. Estará exposta todo o mes de novembro no noso centro. A partir do 1 de decembro poñémola a disposición dos centros que a queiran en préstamo. 
      2. Semana de Castelao (do 15 ao 19 de decembro): 
-anuncio da semana
-presentación elaborada pola biblioteca con gravacións de alumnado e textos e debuxos de Castelao:
-pasapalabra sobre Castelao.
  
     3. Semana da Paz (30 de xaneiro):
-cancións e textos para a paz
-enquisa para elixir a frase de paz que nos represente no blog:
"A paz non é só a ausencia da guerra; mentres haxa pobreza, racismo, discriminación e exclusión difícilmente poderemos acadar un mundo de paz"
RIGOBERTA MENCHÚ

    4. Semana do Amor (14 de febreiro):
-cancións e textos de amor
-concurso de tuits e whatsapps de amor

    5. Semana Cultural (27 a 30 de abril)
-proxecto inicial
-horario das actividades
-cartel da semana cultural
-slide coas co programa de actividades
-vídeos con curiosidades
-presentacións "Historia da escritura I e II"
-presentacións fotográficas das actividades desenvolvidas:
  presentación I, presentación II   

   6. Letras Galegas (17 de maio):

-concurso de tradución ao galego en colaboración co departamento de Normalización Lingüística

6/9/14

ACTIVIDADES 3º TRIMESTRE

ORGANIZACIÓN
-reorganización das enciclopedias, resituándoas noutros lugares: departamentos, sala de titorías etc.
-reorganización dos cómics, distribuíndoos por xéneros e arreglando os deteriorados
-creación dun espazo permanente para xogos de mesa.
-revisión dos fondos do departamento de francés.

SEMANA CULTURAL que este ano celebramos do 5 ao 9 de maio. Ésta é a lista de xogos que traballamos por departamentos:



Educación Física: A chave, a rá, os zancos, a petanca, pelexa de galos, soga-tira, salto á corda, brilé, o pano, carreiras de sacos.
Música: Ao montón, rei rei, ao corro da pataca, o patio da miña casa, o xogo da cadeira, don Melitón, en la calle 104, etc
Tecnoloxía: O Alquerque e o Wari
Debuxo: Pictionary
Matemáticas: "XOGOS DE INXENIO ", exposición con taboleiros, fichas , obxectos... os nenos farán algún concurso no que presentarán as súas solucións ou realizarán os xogos.
Inglés: I spy…(vexo, vexo en inglés), e Simon says.
Francés: Vexo, vexo en francés.
Grego: Trompo, yo-yó, canicas, aro, tabas, xogos coas mans e con moedas, xogos con noces, con pelota, xogos de mesa. Todos son xogos da antiga Grecia e de Roma.  ὁράω, ὁράω” (vexo, vexo en grego antigo)
Lingua española: Textos literario sobre xogos e Xogos interculturais.
Titorías: Xogos interculturais.
Normalización lingüística:  cancións presentes en xogos tradicionais galegos (apoio á música)
Biblioteca:
PRESENTACIÓN on-line coa información aportada polos departamentos.
CADERNO coas fichas de todos os xogos traballados (ficha modelo enviada a todos os profesores que participan no proxecto)
COORDINACIÓN E ORGANIZACIÓN da Semana Cultural en colaboración coa Vicedirección
ENLACES NO BLOG:
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/04/5-semana-cultural-xogos-tradicionais.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/04/cartel-da-semana-cultural.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/04/v-semana-cultural-os-xogos-tradicionais.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/05/os-xogos-tradicionais-i.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/search/label/semana%20cultural
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
-acto consistente en: lectura dramatizada de A Odisea polos alumnos de Grego de 1º de bacharelato; lectura de poemas de Díaz Castro a cargo de alumnos de 1º de ESO; exhibición de imaxes de Penélope na arte. Vídeo sobre o escritor homenaxeado. 
CONCURSOS LITERARIOS
-B.M. LOS ROSALES
-CEFORE E......

17/5/14

SEGUNDO TRIMESTRE 2013-2014

Estas son as actividades proxectadas que levamos a cabo este segundo trimestre de curso:

-EXPURGO mensual
-recollida das solicitudes de fondos dos departamentos, con preferencia das lecturas obrigatorias para este trimestre, a Hora de Ler, os Clubs de lectura e o PAC sobre Xogos tradicionais. Peticións ás librerías.
-rexistro e catalogación (novidades, P. das Pontes...)
-continuación do PIC 
-Preparación da HORA DE LER cos departamentos

-preparación da SEMANA DA PAZ (do 27 ao 31 de xaneiro):

Con motivo da Semana da Paz, do 27 ao 31 de xaneiro levamos a cabo as seguintes actividades:
-lectura nas horas de titoría de textos seleccionados de "Platero y yo" de JUAN RAMÓN JIMÉNEZ
-elaboración de carteis
-exposición temática de fondos
-selección e exposición de frases sobre a paz 
-entradas no blog e acto na biblioteca o xoves 30 ás 12.30 cos seguintes grupos: S1ºA-B-D, S3ºD e S4ºD
-concurso "cancións de paz"
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/01/que-cancion-che-gusta-mais.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/01/acto-pola-paz-30-xaneiro-salon-de-actos.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/01/dia-da-paz-recursos-de-celebracion.html

-formación de usuarios para os 1º de ESO: búsqueda en Meiga

-SEMANA DO AMOR:
.EXPOSICIÓN DE TEXTOS LITERARIOS DE AMOR
.CONCURSO TUITS DE AMOR
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/02/semana-do-amor-s-valentin-2014.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2014/02/actos-da-paz-e-do-amor-2014.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/search/label/amor

13/10/13

PRIMEIRO TRIMESTRE (2013-2014)

1º TRIMESTRE:

Éstas son as actividades que levamos a cabo ata Nadal:

-selección de alumnos-colaboradores para este curso.
-elaboración de credenciais dos novos colaboradores.
-formación de colaboradores.
-introdución en Meiga dos novos lectores e elaboración e entrega de carnés a estes alumnos.
-formación de usuarios para os alumnos de 1º de ESO
-creación dunha páxina para aloxar enlaces interesantes para a educación documental, e enlace no sidebar da dereita no blog.
-recollida das solicitudes de fondos dos departamentos, con preferencia das lecturas obrigatorias, da Hora de Ler e do PAC ("Os xogos populares"). Peticións ás librerías.
-entrega das mochilas viaxeiras na ESO.
-propaganda polas aulas, taboleiros e blogs e posta en marcha do club de lectura, cunha sección de 1º- 2ºe 3º ESO e outra de 4º ESO e 1º Bach.
-Organización da sección 0-XERALIDADES, revisando rexistros, catalogacións e etiquetas, e poñendo en orde os andéis.
-Revisión e actualización das listas de lectores en Meiga.
-SEMANA DE PORTAS ABERTAS (do 1 ao 5 de outubro): exposición de novidades e regalo de marcapáxinas.
-DÍA DAS BIBLIOTECAS--------24 de outubro: o liberespazo
   .-campaña “a biblioteca é de todos e para todos"
     .exposición dun cartel coas obras máis votadas polos libernautas no LIBERESPAZO.
     .exposición do cartel de Bibliotecas Escolares deste ano.
     .exposición de fragmentos de textos escollidos para fomento de lectura
     .exposición na columna de novidades das obras que conteñen ditos textos.
     .regalar cos préstamos unha mochiliña e un marcapáxinas
     . poñer nos recreos o PP sobre bibliotecas (ver en descargas)
-colaboración na CELEBRACIÓN DO SAMAÍN.....30 de outubro.
-elaboración dun PREZZI co proxecto definitivo do PAC para presentar á CCP e ao claustro.
-presentación do PAL á CCP e votación no claustro
-preparación da HORA DE LER cos departamentos: entrega nas avaliacións iniciais dos horarios para que se anoten, subida a google drive dos horarios para compartir con todo o profesorado.
-rexistro e catalogación (novidades, P. das Pontes, lecturas obrigatorias dos departamentos, obras do club de lectura)
-expurgo mensual daqueles documentos que xa non son útiles para a biblioteca escolar e que se poñen a disposición de toda a comunidade educativa. A primeira semana de cada mes expóñese na sala de profesores con cartel informativo.
-homenaxe na última semana de decembro - RAFAEL DIESTE
1- Presentación preparada polo equipo da biblioteca sobre a vida e a obra de Dieste (ca. 10 minutos)
2- Lectura en directo por parte dos alumnos dun conto deste autor (ca. 7 minutos)
3- Audición doutro conto gravado previamente a alumnos (ca. 7 minutos)
4- Realización duns exercicios interactivos para comprobar o grado de atención e asimilación de todo o escoitado (ca.10-15 minutos).
-entradas no blog co vídeo, o xogo e o horario
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/12/homenaxe-rafael-dieste-o-video-e-o.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/12/homenaxe-rafael-dieste.html

1/5/13

ACTIVIDADES 3º trimestre

  • -Liberespazo, actividade para o Día do Libro
Escoulleuse un grupo de cada curso e encheron na hora de titoría a folla para ser libernautas. Elaboramos un panel cos libros máis votados que expusemos na entrada da biblioteca, e sorteamos un regalo entre os alumnos participantes.
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/03/o-liberespazo.HTML
  • SEMANA CULTURAL "O PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL GALEGO"
(28 de abril a 3 de maio)
 

http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/horario-da-semana-cultural.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/semana-cultural-2013-o-noso-patrimonio.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/patrimonio-galego-i.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/patrimonio-galego-ii.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/arte-romanica-galega.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/04/camino-de-santiago.html
ACTIVIDADES DA SEMANA CULTURAL 

O horario das actividades figura no taboleiro da sala de profesores e na tele do patio central, coas explicacións necesarias para entendelo.

1-Actividades no patio central nos recreos:
-actuación dun gaiteiro e un acordeonista (luns 10.10/10.30)
-escenificación do enfrontamento de Heracles e Xerión (martes de 10.10/10.30)
-xogo de preguntas sobre “patrimonio galego” (martes, xoves e venres 12.10/12.30)
No xogo participarán só os alumnos de 2º de ESO que xa asistiron esta semana á proxección das presentacións, paso necesario para poder xogar.

-actuación dun grupo de baile galego (venres de 10.10/10.30)
 
2-Actividades no salón de actos:
-conferencia sobre “o contorno da Torre de Hércules” a cargo do profesor J.M. Bértolo Ballesteros (tivo lugar o 12 de abril como paso previo á visita que fixemos á Torre o 16 de abril)
-actuación do coro “Saúde” (martes de 17.30 a 18.10)
-proxección da película “The way” (venres de 12.30 a 14.10)

3-Actividades na biblioteca:
                As actividades na biblioteca serán obxecto de varios pases ao longo da semana (cf. horario no taboleiro da sala de profesores e da biblioteca) para que poidan asistir o maior número de clases. Para asistir hai que anotarse no horario adxunto, colocado debaixo do xeral no taboleiro, tendo en conta que non entran máis de 45 alumnos por sesión.
                -proxección dunha presentación en Movie-Maker sobre o patrimonio prerromano e romano de Galicia [MM1] elaborada a partir do traballo levado a cabo cos alumnos polos departamentos de historia, galego, grego, tecnoloxía e matemáticas.
                -proxección dunha presentación en Movie-Maker sobre o patrimonio medieval e posterior [MM2] elaborada a partir do traballo levado a cabo cos alumnos polos departamentos de debuxo, música, latín, relixión, galego, inglés e francés.
                -proxección de “Teledieste low cost”, programa gravado na biblioteca sobre as murallas de Lugo, con vídeos dos alumnos de 4º de ESO informando en directo desde la muralla.
                -actuación musical dun grupo de alumnos con diversos instrumentos musicais
                -lectura de lendas tradicionais galegas a cargo dos alumnos de 2º de ESO
                -repetición do enfrontamento de Heracles e Xerión
No patio central haberá
-diversas exposicións sobre aspectos do patrimonio cultural e natural de Galicia.
-exposición de fotos para un concurso
-exposición de fotos das tres excursións realizadas
-exposición de maquetas de pontes
-exposición dunha maqueta da Torre de Hércules
Na biblioteca haberá:
-exposición de cerámica popular galega
-exposición dun traxe rexional
-exposición bibliográfica

-SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (do 13 ao 17 de maio)
.Traballar nas aulas a figura de Roberto Vidal Bolaño, tomando como base os enlaces publicados no blog.
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/letras-galegas-2013-roberto-vidal-bolano.HTML
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/letras-galegas-2013-roberto-vidal-bolano_17.HTML
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/cuestionario-letras-galegas.html
.Ver nas titorías desta semana as presentacións preparadas coas recitacións realizadas de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro.
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/celso-emilio-no-dia-das-letras-galegas.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/05/rosalia-no-dia-das-letras-galegas.html
.Entrega dos premios aos gañadores no xogo do Patrimonio da Semana Cultural
-QUINCENA DOS MITOS (do 21 ao 31 de maio)