23/11/11

EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS

Con motivo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES iniciamos unha exposición de marcapáxinas que puidemos disfrutar e mirar en detalle ao longo deste último mes. Moitos de nós aportamos os nosos marcapáxinas preferidos que agora podemos ver nestas fotos que vos deixamos aquí.
E AGORA... CUNQUEIRO.



14/4/11

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE

ACTIVIDADES DE XESTIÓN E ORGANIZACIÓN

1.Rexistro e catalogación dos documentos solicitados durante a 1ª semana do 2º trimestre.


2.Deseño e elaboración das tarxetas identificativas para os alumnos e alumnas colaboradores da biblioteca.


3.Adquisición e ubicación de novo mobiliario: Un moble expositor para películas e un moble expositor para Banda Deseñada, un moble móbil para recollida e transporte de libros, unha nova butaca para a zona de lectura e dúas novas estanterías para DVDs.


4.Visita e entrevista coa responsable da biblioteca municipal dos Rosais para determinar actividades colaborativas: asistimos a un contacontos para aprender a contar contos os compoñentes do club de lectura "o trasno na rede".


5.Colocación no lombo dos libros da sección xuvenil dun distintivo amarelo para a súa identificación.


6.Delimitación das zonas da sección xuvenil de literatura en castelán e en galego con distintivos de cores diferentes para unha mellor identificación.


7. Deseño e rotulación de novos carteis para identificación dos distintos apartados de CDU.


8.Organización da mediateca. Actualmente temos 114 DVDs


9. Revisión parcial dos fondos dos departamentos de Grego, Galego, Castelán e Inglés


10.Redacción dun borrador do Proxecto Lector


ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN E FOMENTO DA LECTURA


1.Reunión cos profesores implicados en A HORA DE LER para avaliar a evolución da actividade.


2.Organización e elaboración das actividades a desenvolver no Día da Paz.

-Carteis

-Elaboración de grous e grúas.

-Cuestionario sobre os Premios Nobel da Paz

-Acto na biblioteca: lectura de textos literarios e música por alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2011/01/musica-e-literatura-na-biblioteca.html

3. Planificación do PIN sobre a Interculturalidade.

-Tecnoloxía: cidade maia

-Debuxo: barco para decorar a escaleira central do patio e maletas- Bandeiras dos países implicados para decorar o patio central.

-Lingua Española: homenaxe a Xapón

-Galego: posta en escena do poema de Rosalía "Pra Habana". Elaboración de presentacións de Colombia,Croacia e Armenia.

-Música: selección de música para as presentacións dos países. Colaboración na posta en escena das presentacións.

-Inglés: preparación e posta en escena dun conto americano.

-Educación Física: selección e preparación de distintos bailes sudamericanos.

-Grego: lendas dos países e movie-makers de Venezuela, EEUU, Urugaui, Arxentina, República Dominicana, Brasil e Holanda.


4. Planificación de melloras para os clubs de lectura: invitados (Manuel - Manuela) -contacontos na biblio dos Rosais no 3º trimestre


5. Organización e elaboración de actividades a desenvolver no Día do Amor.

-certame de cartas de amor
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2011/02/certame-de-cartas-de-amor.html
-concurso de declaracións de amor con humor: utilizar o blog

-xogo do corazón partío: Luns 5ªhora S3ºB - 6ª hora S3ºA- e S2ºA - Martes 1ª hora S4ºC


6- Organización e elaboración de actividades a desenvolver na Quincena do Cómic

-expo de cómics na biblio

-proxec. pp nos recreos sobre o cómic nas paredes de Bruselas.