Este ano cúmprense 50 anos da publicación dunha das mellores novelas da literatura galega, A Esmorga, primeira novela en galego de Eduardo Blanco Amor. Por iso, ao longo deste mes de abril podemos disfrutar na biblioteca dunha exposición con información sobre esta obra e o seu autor. Aproveitade para informarvos e, se aínda non a vistes, agora é un bo momento para facelo.18/4/09
Cincuentenario d'A ESMORGA
Este ano cúmprense 50 anos da publicación dunha das mellores novelas da literatura galega, A Esmorga, primeira novela en galego de Eduardo Blanco Amor. Por iso, ao longo deste mes de abril podemos disfrutar na biblioteca dunha exposición con información sobre esta obra e o seu autor. Aproveitade para informarvos e, se aínda non a vistes, agora é un bo momento para facelo.23/3/09
Exposición de fotos
Con motivo da viaxe a Grecia, que algúns de nós realizamos este Entroido, o Departamento de Grego quere ofrecer a toda a comunidade educativa unha selección das mellores fotos e dos mellores momentos da viaxe. A mostra terá lugar no primeiro recreo do mércores 1 de abril na Biblioteca, e estará aberta a todos os que queirades vir.
8/3/09
PREMIOS DO II CERTAME DE CARTAS DE AMOR
Entre os seis finalistas seleccionados polo xurado de profes, os alumnos decidistes dar os tres primeiros Premios aos seguintes compañeiros:
1º PREMIO para Samuel Sánchez López
2º PREMIO para Irene Lamas Gómez
3º PREMIO para María Río Peña
Todos eles recibirán os seus premios proximamente nun acto que celebraremos na biblioteca.
13/2/09
ACTO CENTRAL DO DÍA DOS NAMORADOS

Na mañá de hoxe celebramos na biblioteca lecturas de textos poéticos de temática amorosa, de autores de diferentes épocas e países, na que participaron alumnos de 2º e 4º da ESO. A selección elixida -dende textos gregos clásicos ata textos actuais- serviu por unha parte, para que os alumnos puideran comprobar que o tema do amor é unha constante ao longo de toda a historia da literatura e o diferente enfoque que lle dan os autores dependendo da época na que escriben, e por outra, para animalos á lectura de textos poéticos a través dun tema que senten próximo, como é o tema do amor.
O acto pechouse coa actuación musical do grupo GENERACIÓN FLAMENCA do Instituto, que interpretaron varias cancións de amor con acompañamento de guitarra e caixón.
Á saída do acto los alumnos recorreron a exposición de poemas que está á saída da biblioteca e colleron exemplares dos POEMAS que máis lles gustaron.
5/2/09
DÍA DOS NAMORADOS
A semana do 9 ao 14 de febreiro celebraremos o Día dos Namorados con diversos actos:
- Concurso de cartas de amor: En tempos convulsos como estes, nos que vivimos rodeados de violencia, nada mellor que volver os ollos ao amor. Por iso desde a biblioteca animámosvos a participar neste concurso, no que recibirán un premio as tres cartas que máis nos gusten a todos. A data de entrega remata o día 9 de febreiro.
- Exposición de libros de amor: Ao longo da semana do 9 ao 13 de febreiro, no interior da biblioteca, expoñeremos unha selección de obras que traten este tema para que poidades levalas en préstamo.
- Exposición de poemas de amor: O venres 13 de febreiro, xusto á saída da biblioteca, atoparedes unha exposición de poemas de amor de épocas e países diversos con exemplares suficientes para que todos podamos coller os que nos gusten. O noso lema é "En tempos de crise, regala un poema".
- Recuncho de poesía: O venres 13 de febreiro, nos recreos, volverá a haber audicións musicais de poemas, esta vez de amor, non podía ser doutra maneira. Sonarán os temas Lela de Castelao, cantado por Dulce Pontes, Te quiero de Mario Benedetti, cantado por Nacha Guevara, e Te Quiero de Pablo Neruda, cantado por Antonio Vega.
21/1/09
Día Escolar da Non violencia e a Paz

Como xa viñemos anunciando en días anteriores, o 30 de xaneiro celebraremos no instituto o Día da Non Violencia e a Paz, e queremos facelo simbólicamente, abrindo a muralla -como di o poeta- a todas aquelas noticias boas que falan de paz, e pechando a muralla a todas aquelas que falan de violencia. Unha pomba, coa palabra PAZ en moitas linguas, decorará o patio interior do Centro.
O acto central do día será unha escenificación do poema La Muralla de Nicolás Guillén e a lectura de poemas de temática antibelicista e contra a violencia en xeral por parte de alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bach.
Aproveitaremos tamén esta efemérides para recuperar os Recunchos de poesía e escoitar nos recreos desta semana os poemas La muralla de Nicolás Guillén e Sólo le pido a Dios de León Gieco, cantados por Ana Belén, así como as cancións No dudaría de Antonio Flores e Imagine de John Lennon. Coma sempre todos poderemos levar a casa unha copia destes textos. Esperamos que vos gusten.
17/12/08
Proxecto de hábito lector
Neste mes de novembro empezou no noso centro un proxecto de hábito lector cun obxectivo fundamental: fomentar o hábito lector dos alumnos mediante a lectura individual e silenciosa. Esta actividade de periodicidade semanal, estase a desenvolver na biblioteca nas horas de atención educativa, e consiste na lectura de textos literarios, informativos, xornalísticos, comics, etc., en soporte impreso ou electrónico, elixidos pola biblioteca en colaboración con todos os departamentos. Este primeiro ano a actividade vai dirixida aos alumnos de 1º da ESO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
