23/11/11
EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS
14/4/11
ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE
1.Rexistro e catalogación dos documentos solicitados durante a 1ª semana do 2º trimestre.
2.Deseño e elaboración das tarxetas identificativas para os alumnos e alumnas colaboradores da biblioteca.
3.Adquisición e ubicación de novo mobiliario: Un moble expositor para películas e un moble expositor para Banda Deseñada, un moble móbil para recollida e transporte de libros, unha nova butaca para a zona de lectura e dúas novas estanterías para DVDs.
4.Visita e entrevista coa responsable da biblioteca municipal dos Rosais para determinar actividades colaborativas: asistimos a un contacontos para aprender a contar contos os compoñentes do club de lectura "o trasno na rede".
5.Colocación no lombo dos libros da sección xuvenil dun distintivo amarelo para a súa identificación.
6.Delimitación das zonas da sección xuvenil de literatura en castelán e en galego con distintivos de cores diferentes para unha mellor identificación.
7. Deseño e rotulación de novos carteis para identificación dos distintos apartados de CDU.
8.Organización da mediateca. Actualmente temos 114 DVDs
9. Revisión parcial dos fondos dos departamentos de Grego, Galego, Castelán e Inglés
10.Redacción dun borrador do Proxecto Lector
ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN E FOMENTO DA LECTURA
1.Reunión cos profesores implicados en A HORA DE LER para avaliar a evolución da actividade.
15/11/10
ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE
1. Reorganización das distintas zonas da biblioteca.
2. Adquisición e ubicación de mobiliario novo: 2 estanterías para DVDs e 4 butacas para a zona de lectura relaxada e compartida.
3. Elaboración dos carnés de lector para os alumnos novos e reparto dos mesmos.
4. Petición e rexistro dos libros de lectura obrigatoria d'A HORA DE LER e do currículo dos departamentos didácticos.
5. Adquisición de cinco ordenadores novos para os alumnos.
6. Nomeamento de novos alumnos colaboradores para axudar no préstamo durante recreos.
7. Mellora do blog da biblioteca arquivosdotrasno.blogspot.com.
9. Continuación do expurgo.
1. Organización HORA DE LER na ESO: inicio novembro.
2. Elaboración dun cartel para anunciar por todo o centro a HORA DE LER.
- VISITA Á BIBLIOTECA dos alumnos de 1º de ESO para realizar a formación de usuarios.
- Entrega de carnés aos alumnos novos.
- Entrega dun tríptico co horario, normas e recursos da biblioteca.
- Regalo dun poema aos alumnos que leven máis dun libro.
- Recuncho de música e poesía nos recreos dos venres.
4. Posta en marcha e primeiras reunións dos clubs de lectura O recuncho do trasno e O trasno na rede, de
5. Exposición EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA (entre o 4 e o 30 de novembro).
6. Elaboración e distribución de lazos contra a violencia de xénero.
7. Exposición de caligramas dos alumnos de 4º da ESO contra a violencia de xénero.
13/11/10
REPARTO DOS LIBROS D'A HORA DE LER
Unha vez rexistrados e etiquetados os libros o proceso a seguir será o seguinte:
1º Darémoslle ao titor ou titora de cada grupo os exemplares correspondentes á súa aula e el ou ela encargarase de repartilos aos alumnos.
Mais lembrade unha cousa:
-Haberá o dobre de alumnos por curso que de libros, é dicir, cada dous alumnos disporán dun exemplar do libro.
-O titor fará un préstamo a un deles, e este será o encargado de levalo na mochila, levalo á aula materia na que toque ler, e deixalo no seu casilleiro cando non se utilice.
-NON DEBEN LEVARSE PARA A CASA.
2º O titor dará aos alumnos o horario establecido para A HORA DE LER e os alumnos engadirano no horario xeral do curso.
21/10/10
A HORA DE LER
S1ºA: E. LINDO, Manolito gafotas , ed. Alfaguara
S1ºB: P. NESSMAN, Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches, ed. Factoría K
S1ºC: M.S.CALVEIRO, O carteiro de Bagdad, col. Ala Delta
S2ºA: AGUSTÍN FDZ PAZ, Contos por palabras, ed. Xerais
S2ºB: JEAN-PAUL NOZIÈRE, La canción de Hannah, ed. Anaya
S2ºC: Mª ISABEL MOLINA, El señor del cero, ed. Alfaguara
S3ºA: LUCY & STEPHEN HAWKING, La clave secreta del Universo, ed. Montena
S3ºB: MARCOS S. CALVEIRO, O pintor do sombreiro de malvas
S3ºC: CONCHA ROMERO, Así aman los dioses, ediciones clásicas (teatro)
S4ºA: STEFAN ZWEIG, Momentos estelares de la humanidad, Ed. Acantilado
S4ºB: MARILAR ALEXANDRE, A cabeza de Medusa, Ed. Xerais
S4ºC: VICTOR GONZÁLEZ, El río que se secaba los jueves y otros cuentos imposibles, Anaya (microrrelatos)
S4ºD: P. NESSMAN, Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches, ed. Factoría K
7/6/10
EXPURGO
Barra dun bar realizada con libros expurgadosA partir do 15 de xuño exporemos na entrada da Biblioteca os documentos que xa non son precisos na biblioteca nin nos departamentos e que, polo tanto, poñemos á disposición de toda a comunidade educativa. Se algún vos interesa, podédelo rescatar e levar a casa.
24/4/10
SEMANA CULTURAL
Inauguramos este curso unha SEMANA CULTURAL no Instituto na que todos traballemos sobre o mesmo tema. Como todos xa sabedes o tema deste ano é GRECIA, a data do 26 ao 30 de abril. O centro xa está preparado para realizar todas as actividades planificadas. Só queda encomendarnos aos deuses para que nos sexan propicios nesta nova aventura.