21/4/12

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE

-rexistro e catalogación de fondos donados polo Paseo das Pontes
-reorganización do moble onde se gardan os traballos das actividades realizadas
-posta en marcha da primeira mochila viaxeira para 1º de ESO A
-entrega do premio do "Mes de Cunqueiro"
-colaboración coa Fundación Barrié no proxecto sobre Cunqueiro
-recolocación da literatura galega nos andeis
-adquisición de auriculares con micrófono para os ordenadores.
-solicitude de 2 ordenadores máis e 1 impresora láser
-solicitude de modelos e prezos de unha porta de entrada nova.

-preparación das actividades do DÍA DA PAZ
1-recunchos de música pola paz nos recreos da semana do 30 ao 3 de febreiro
2-elaboración de caligramas sobre a paz por parte dos alumnos de 4º da ESO
3-mércores poéticos dedicados á paz
4-entradas no blog
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/01/musica-para-paz.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/01/curta.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/02/caligramas-pola-paz.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/01/mercores-poeticos_25.html
5- actuación en directo de alumnos cantando á paz
6-exposición de libros sobre a paz á entrada da biblioteca: "12 libros pola paz"

-preparación das actividades do DÍA DO AMOR
1-lectura dun poema de amor en todas as aulas de ESO e BACHARELATO o martes 14 de febreiro, todos ás 9.20
2-entradas no blog
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/02/chega-o-amor.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/02/hoxe-limos-poemas-de-amor-en-todas-as.html
3-exposición de libros e películas na biblioteca
4-exposición de todos os poemas lidos nas aulas na entrada á biblioteca
5-mitos de amor nos recreos
6-todos os días unha frase de amor en latín
7-exposición no taboleiro da entrada dun poema de PESSOA

-Información no atril do DÍA DE ROSALÍA
-QUINCENA DAS BIOGRAFÍAS do 19 ao 30 de marzo

26/3/12

SEMANA DO AMOR





Estas foron as actividades desenvolvidas para commemorar ao AMOR o día 14 de febreiro.

1-lectura dun poema de amor en todas as aulas de ESO e BACHARELATO o martes 14 de febreiro, todos ás 9.20
2-entradas no blog
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/02/chega-o-amor.html
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2012/02/hoxe-limos-poemas-de-amor-en-todas-as.html
3-exposición de libros e películas na biblioteca
4-exposición de todos os poemas lidos nas aulas na entrada á biblioteca
5-mitos de amor nos recreos
6-todos os días unha frase de amor en latín
7-exposición no taboleiro da entrada dun poema de PESSOA

16/1/12

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE 2011-2012

-Organización e ordenación dos documentos donados polo IES Paseo das Pontes e comezo do rexistro e catalogación de ditos documentos
-Rexistro e catalogación dos cómics e DVDs adquiridos a finais do último trimestre, así como os libros de lectura obligatoria deste curso
-Rexistro en Meiga e elaboración dos carnés dos novos usuarios
-Actualización en Meiga dos datos dos alumnos de maneira que apareza o curso nos carnés e na ficha de préstamo e así facilitar a reclamación dos retrasos nos préstamos
-Organización da mediateca sacando os DVDs das caixas e gardándoos clasificados en fundas nun caixón.
-Confección de separadores para os caixóns da mediateca coa axuda do Departamento de Tecnoloxía
-Estudo para o deseño da decoración da biblioteca en colaboración co Departamento de Debuxo
-Adquisición de estores para acabar de cubrir as ventanas.
-Formación de usuarios para os alumnos novos e reparto de carnés (S1ºB, S1ºD, S1ºA...)
-Exposición de marcapáxinas con motivo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
-Organización e posta en marcha da HORA DE LER na ESO
-Organización e posta en marcha do club de lectura para 4º de ESO e 1º de BAC
-Exposición do 22 de novembro ao 22 de decembro MES DE CUNQUEIRO na biblioteca con diversas actividades relacionadas con Cunqueiro para celebrar o seu centenario:
Exposición bibliográfica
Exposición da biografía de Cunqueiro para logo contestar ao LIM
Exposición antolóxica de textos
Acto de homenaxe na biblioteca:
a- Presentación dun documental de CRTVG na que diversas personalidades falan sobre Cunqueiro.
b- Lectura de textos: contos e poemas por parte dos alumnos
c- LIM sobre Cunqueiro
-participación coa adquisición do libro ilustrado "el coleccionista de momentos" co proxecto solidario cos nenos do Sáhara: Bubisher
-exposición de viñetas sobre os dereitos humanos (10 de decembro)

23/11/11

EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS

Con motivo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES iniciamos unha exposición de marcapáxinas que puidemos disfrutar e mirar en detalle ao longo deste último mes. Moitos de nós aportamos os nosos marcapáxinas preferidos que agora podemos ver nestas fotos que vos deixamos aquí.
E AGORA... CUNQUEIRO.



14/4/11

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE

ACTIVIDADES DE XESTIÓN E ORGANIZACIÓN

1.Rexistro e catalogación dos documentos solicitados durante a 1ª semana do 2º trimestre.


2.Deseño e elaboración das tarxetas identificativas para os alumnos e alumnas colaboradores da biblioteca.


3.Adquisición e ubicación de novo mobiliario: Un moble expositor para películas e un moble expositor para Banda Deseñada, un moble móbil para recollida e transporte de libros, unha nova butaca para a zona de lectura e dúas novas estanterías para DVDs.


4.Visita e entrevista coa responsable da biblioteca municipal dos Rosais para determinar actividades colaborativas: asistimos a un contacontos para aprender a contar contos os compoñentes do club de lectura "o trasno na rede".


5.Colocación no lombo dos libros da sección xuvenil dun distintivo amarelo para a súa identificación.


6.Delimitación das zonas da sección xuvenil de literatura en castelán e en galego con distintivos de cores diferentes para unha mellor identificación.


7. Deseño e rotulación de novos carteis para identificación dos distintos apartados de CDU.


8.Organización da mediateca. Actualmente temos 114 DVDs


9. Revisión parcial dos fondos dos departamentos de Grego, Galego, Castelán e Inglés


10.Redacción dun borrador do Proxecto Lector


ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN E FOMENTO DA LECTURA


1.Reunión cos profesores implicados en A HORA DE LER para avaliar a evolución da actividade.


2.Organización e elaboración das actividades a desenvolver no Día da Paz.

-Carteis

-Elaboración de grous e grúas.

-Cuestionario sobre os Premios Nobel da Paz

-Acto na biblioteca: lectura de textos literarios e música por alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2011/01/musica-e-literatura-na-biblioteca.html

3. Planificación do PIN sobre a Interculturalidade.

-Tecnoloxía: cidade maia

-Debuxo: barco para decorar a escaleira central do patio e maletas- Bandeiras dos países implicados para decorar o patio central.

-Lingua Española: homenaxe a Xapón

-Galego: posta en escena do poema de Rosalía "Pra Habana". Elaboración de presentacións de Colombia,Croacia e Armenia.

-Música: selección de música para as presentacións dos países. Colaboración na posta en escena das presentacións.

-Inglés: preparación e posta en escena dun conto americano.

-Educación Física: selección e preparación de distintos bailes sudamericanos.

-Grego: lendas dos países e movie-makers de Venezuela, EEUU, Urugaui, Arxentina, República Dominicana, Brasil e Holanda.


4. Planificación de melloras para os clubs de lectura: invitados (Manuel - Manuela) -contacontos na biblio dos Rosais no 3º trimestre


5. Organización e elaboración de actividades a desenvolver no Día do Amor.

-certame de cartas de amor
http://arquivosdotrasno.blogspot.com/2011/02/certame-de-cartas-de-amor.html
-concurso de declaracións de amor con humor: utilizar o blog

-xogo do corazón partío: Luns 5ªhora S3ºB - 6ª hora S3ºA- e S2ºA - Martes 1ª hora S4ºC


6- Organización e elaboración de actividades a desenvolver na Quincena do Cómic

-expo de cómics na biblio

-proxec. pp nos recreos sobre o cómic nas paredes de Bruselas.

15/11/10

ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE

ACTIVIDADES DE XESTIÓN E ORGANIZACIÓN:

1. Reorganización das distintas zonas da biblioteca.
2. Adquisición e ubicación de mobiliario novo: 2 estanterías para DVDs e 4 butacas para a zona de lectura relaxada e compartida.
3. Elaboración dos carnés de lector para os alumnos novos e reparto dos mesmos.
4. Petición e rexistro dos libros de lectura obrigatoria d'A HORA DE LER e do currículo dos departamentos didácticos.
5. Adquisición de cinco ordenadores novos para os alumnos.
6. Nomeamento de novos alumnos colaboradores para axudar no préstamo durante recreos.
7. Mellora do blog da biblioteca arquivosdotrasno.blogspot.com.
8. Posta en marcha do novo blog do club de lectura O trasno na rede.
9. Continuación do expurgo.
10.Visita e entrevista coa responsable da biblioteca municipal dos Rosais para establecer relacións interbibliotecarias de cara a futuras colaboracións.
11. Constitución da comisión de biblioteca no seno do Consello Escolar.

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN E FOMENTO DA LECTURA:

1. Organización HORA DE LER na ESO: inicio novembro.

2. Elaboración dun cartel para anunciar por todo o centro a HORA DE LER.
3. MES DA BIBLIOTECA, con actividades como:
- VISITA Á BIBLIOTECA dos alumnos de 1º de ESO para realizar a formación de usuarios.
- Entrega de carnés aos alumnos novos.
- Entrega dun tríptico co horario, normas e recursos da biblioteca.
- Regalo dun marcapáxinas aos alumnos que leven en préstamo algún libro.
- Regalo dun poema aos alumnos que leven máis dun libro.
- Recuncho de música e poesía nos recreos dos venres.
4. Posta en marcha e primeiras reunións dos clubs de lectura O recuncho do trasno e O trasno na rede, de
1º ciclo e 2º ciclo de ESO respectivamente.
5. Exposición EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA (entre o 4 e o 30 de novembro).

6. Elaboración e distribución de lazos contra a violencia de xénero.
7.
Exposición de caligramas dos alumnos de 4º da ESO contra a violencia de xénero.